Thursday, July 31, 2008

Virginia Erena


Inauguramos este novo proxecto de difusión das obras plásticas. Coa artista gráfica Virginia Erena que nos amosa o seu último traballo, que está a expoñer no Nuevo Café Barbieri en Madrid.

Virginia Erena. Madrid 1977.
Pintora desde moi pequena, utiliza distintas técnicas, acrílicos, óleos, casi sempre sobre táboa. Introdúcese no gravado da man de Francisco Arjona no ano 2004, durante dous anos, é alumna do artista aprendendo as técnicas do auguaforte e augatinta, así como os distintos procesos da estampación. Nol ano 2006 recibe unha beca durante un año na fundación CIEC, Centro Internacional da Estampa Contemporánea. (Betanzos, A Coruña) e é desde aquela cando profundiza nas distintas técnicas de gravado; serigrafía, litografía, xilografía e gravado calcográfico, da man de recoñecidos artistas no mundo da gráfica. É nese mesmo ano cando a Bienal de arte contemporáneo da Fundación Albiac que se celebra no pobo de Rodalquilar na provincia de Almería premia o seu traballo cunha beca para realizar xilografías en gran formato.
En Xullo do ano 2007 é seleccionada polol Taller litográfico Viña, en Xixón.(Asturias) para desenvolver un proxecto ata o mes de Xaneiro do 2008 co gravado como medio. Deste periodo son parte das estampas que se presentan na exposición.
Expone por primeira vez en Cádiz na galería Isla habitada, desde ese momento participou en numerosas exposicións tanto individuais como colectivas na Casa de la Moneda(Madrid), na fundación CIEC, na bienal balconadas en Betanzos, así como en diversas localidades españolas.
A serie “La Vie en Rose” é unha mostra do trabajo que ven desenvolvendo durante o presente ano.
www.virginiaerena.carbonmade.com
www.artmajeur.com/virginiaerena
virginiaerena@hotmail.com

No comments: