Tuesday, November 18, 2008

Pablo Casado "Nueva Vida entre los Grises"

Nueva Vida entre los Grises é a nova exposición que podemos visitar na Galería do CIEC ata finais do mes de decembro. Pablo Casado, afincado en Madrid, é un dos artistas máis recoñecidos da súa xeración no campo da obra gráfica pola que atesoura numerosos premios.

A súa estela de grises mestúranos na súa loita de simplificar a relación suxeita por un pai e a súa crianza. Aínda que tizna a súa obra co vermello na obra De ti tuyo deixando un escape ao espectador, presente ante a oscuridade que contempla.

Esta é unha oportunidade inmellorable para explota-la abstracción dos nosos soños ...

Website Pablo Casado

Fundación CIEC





No comments: