Sonia Higuera (Santander, 1973)
O paso pola Casa de la Moneda de Madrid deulle a xoven e inqueda artista o paso e formación ao mundo do gravado. Obtivo as distincións do Premio Internacional de Grabado Carmen Arozena en 2004 e a Mellor Artista de Tentaciones en Estampa 2005.
Nos últimos anos ven introducindo as combinacións entre negros, grises e branxos desdebuxando os seus paisaxes imaxinarios, os seus xogos fantasiosos que nos fan chegar aos soños intrasensoriais.
O seu xogos de claros e brancos envólvenos nun espazo de pureza, sinxeleza e silenzo mentres que os negros e oscuros transpórtanos cara un cambio de actitude, unha motivación muda. O Silencio na obra de Sonia Higuera cobra o papel principal da obra desdebuxándoo en tres personalidades: secretos, mentiras e momentos íntimos. Levando o universo feminino nunha viaxe íntima, erótica e persoal do seus paisaxes.
A súa última instalación foi en Ingráfica donde se celebrou o Festival Internacional de Grabado Contemporáneo da Cidade de Cuenca. Triálogos, transpórtanos ao mundo comunicativo entre persoas desaparecendo da burbuxa capitalista na que habitamos. O emisor e o receptor intercambian o seu propio espazo individualizado para convertilo nun conxunto de experiencias a compartir pola comunidade.
Tuesday, December 9, 2008
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment