So what ?
So what?, asi titulábase a proposta de rebeldía da Fundación Helga Alvear que se podía ver a pasada fin de semana en ARCOmadrid. Propostas menos arriscadas que en pasadas edicións marcadas polo terrible marco económico que as rodea. Un panorama artístico internacional basado na moderación e na búsqueda de novos espacios emerxentes no ámbito da arte contemporánea.
Entre 238 galerías de 32 países atopamos unha pequena representación do mundo contemporáneo galego, tres galerías de alto prestixio a nivel nacional e internacional, Ad Hoc, Bacelos e C5. Cada unha dentro do seu propio contexto , Ad Hoc no Programa Xeral de ARCOmadrid, Bacelos en ARCO40 aportando as creacións máis recentes e C5 no espacio Performing ARCO contribuíndo a transmitir ao público as principais tendencias das artes performativas. Todas elas forman unha fiestra ao mundo contemporáneo internacional interesada en novos valores e rexistros.
Ad Hoc apadrinou a artistas galegos como Xoán Anleo, Libia Castro, Suso Fandiño ou Carme Nogueira, artistas contrastados pola súa traxectoria. En cambio, Bacelos fai unha aposta máis arriscada incorporando novas expresións artísticas da man de Manuel Vilariño. Nembargantes C5 seguindo na súa liña de apostar polos novos talentos, fai unha aposta coa performance dos artistas Félix Fernández e Andrés Serra. Galicia, con esta pequena representación intenta facerse un oco no amplo panorama artístico contemporáneo ofrecendo frescura, xuventude, innovación e experiencia na súa formación para ser unha potencia emerxente da arte contemporánea. Seguindo os pasos das propostas como La Más Bella (Madrid), unha publicación na búsqueda de novas formas de transmisión da arte ou a xoven artista, Amaya González Reyes, co seu proxecto YO GASTO de intentar facer comprender a sociedade capitalista na que vivimos vendendo cadros das súas compras realizadas durante 485 días, sendo o valor de cada cadro o precio do ticket que representa.
Pero non podíamos esquecernos das novas incursións artísticas como son o videoarte, sección denominada Studio, un lugar ao servizo dos artistas (foros, debates, diálogos, monólogos, unha improvisación ou unha conferencia) ou a fotografía emerxente destacando a Isaac Montoya coa instalación Efecto FF (Filtro pantasma) na que a través dun filtro vense dous novos tipos de realidades. ARCOmadrid acercounos as creacións dun mundo emerxente como é a India. Un percorrido fascinante pola súa cultura milenaria fascinando aos milleiros de visitantes polo seu imaxinario, seu colorido, a súa estética e un mundo máxico que a rodea. ARCOmadrid é sin dúbida algunha o referente da arte contemporánea.

No comments:
Post a Comment